A Asociación

slideshow3

A  Asociación Cultural “Sons do Miño” nace recentemente coa vocación de contribuir á difusión de calquera tipo de expresión cultural e, de xeito especial, daquelas relacionadas coas artes escénicas. Tomando como eixo vertebrador a música que nos distingue e nos une, comeza por fundar unha flexible agrupación de instrumentistas e vocalistas con formato de Big Band. Trátase dun grupo de profesores e alumnos de varios conservatorios e escolas de música da provincia de Lugo entre os que xurdiu a idea de achegarse ó mundo do jazz polo camiño das grandes bandas dos anos 30 e 40, que daban cabida ó maior número de compoñentes e instrumentos no escenario. Logo de San Froilán de 2009 fundaron “Sons do Miño” e, a carón deste río en Terra Cha, na antiga Casa do Concello de Rábade (o máis pequeno da provincia), comezaron os ensaios desta agrupación integrada por unha vintena de músicos baixo a batuta de Alejandro Troya. Coa vontade de contribuir á difusión deste estilo de música, menos explorado nos nosos centros educativos  musicais,  ó tempo que á promoción da Muralla romana de Lugo, no ano en que cumpre unha década o seu recoñecemento como Patrimonio da Humanidade, tomaron para a súa Big Band o nome de MURAJAZZ. Con todo, esta  asociación pretende abordar a fundación de agrupacións musicais de moi distinta índole (big band, agrupacións camerísticas, grupos pop, folk..) polo camiño da formación de músicos e melómanos de tódalas idades, cunha natural vocación de transmisión da cultura musical propia, a través de grupos de música tradicional en tódolos seus formatos posibles.




 




Web aloxada en...

openhost-logo

Diseño da Web

    • BassProject Design